Abrir menu
GL | ES | EN
Cátedra
ALDABA WIB
Logos universidades UDC UVigo colaboradoras cátedra ALDABA WIB

 

Presentación

Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business

A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business foi constituída en setembro de 2019 por ALDABA, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo, co obxectivo de potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por unha banda, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionales de colaboración entre a universidade e a empresa.

Os centros adscritos a esta Cátedra son a Facultade de Informática, no campus da Coruña da UDC, e a Escola Superior de Enxeñaría Informática, no campus de Ourense da UVigo. Por tratarse dunha Cátedra interuniversitaria, con ela búscase promover sinerxias entre ambas as Escolas de Informática, propoñer actividades conxuntas e estreitar lazos.

Unha das liñas estratéxicas que contempla a Cátedra é contribuír á formación de alto nivel dos futuros graduados da FIC-UDC e a ESEI-UVigo, a través de actividades que acheguen ao corpo estudantil as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas. Tamén, facilitar a súa integración no mundo laboral, fomentando a adquisición das competencias, coñecementos e habilidades que demanda o tecido empresarial galego.

Por outra banda, a Cátedra promove o desenvolvemento de actividades que contribúan a dar visibilidade ás achegas das mulleres no mundo das TIC, para xerar referentes para espertar o interese de nenas e mozas en carreiras tecnolóxicas. E tamén fomentará a difusión das innumerables e reseñables contribucións das TIC na mellora dos servizos sociais, culturais, da saúde e, en xeral, da visión máis humana do progreso, lonxe de estereotipos puramente tecnolóxicos.

Precisamente, dentro das iniciativas para reducir a brecha de xénero no ámbito TIC, a Cátedra puxo ao dispor da sociedade BBG-TIC (Barómetro da Brecha de Xénero nos estudos TIC), unha ferramenta web gratuíta que reflicte gráficamente, e permite consultar filtrando por diferentes criterios e ámbitos temporais, a evolución da infrarrepresentación feminina nos estudos de enxeñería TIC (fundamentalmente a enxeñería informática e as titulacións máis próximas), en comparación co resto dos estudos.Este “barómetro” irase actualizando permanentemente cos novos datos de matriculación, resultados académicos, etc. que vaian publicando as administracións públicas educativas, e permitirá coñecer se as medidas, que desde os diferentes estamentos da sociedade están a levarse a cabo para reducir a brecha, están a ter éxito ou non.

 

Eventos WIB

Axenda

 

Próximos eventos

29/06/2026 - Inicio TIC-Camp A Coruña (turno 2)

11/2026 - Gala I Premios ao Mellor TFG

 

Últimos eventos

22/06/2026 - Inicio TIC-Camp Ourense e A Coruña (turno 1)

18/05/2026 ata 24/05/2026 - Período de inscrición ao TIC-Camp

22/04/2026 - Gala Vídeos pola Igualdade

 

Últimas noticias WIB

Mantente ao tanto de todas as noticias

Final 1Er Turno TIC Camp 2026 cátedra ALDABA-WIB

Misión cumprida: ALDABA TIC-Camp 2026 pecha con éxito o seu primeiro turno na Coruña e Ourense tras unha emocionante viaxe no tempo

26/06/2026

Aventura STEM lanzamos edición 2026 del campamento TIC ALDABA-WIB

Aventura STEM: ALDABA TIC-Camp 2026 propón unha viaxe no tempo para espertar vocacións tecnolóxicas

13/05/2026

Entrega Cheque Videos Igualdad cátedra ALDABA-WIB

A Cátedra ALDABA-WIB premia o enxeño do alumnado do colexio Padre Feijoo-Zorelle polo seu vídeo "Supertech"

23/04/2026

Directora UDC cátedra ALDABA WIB

Virginia Mato, codirectora da Cátedra ALDABA-WIB, recibe o premio Ada Byron do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia

22/04/2026

Entidades

colaboradoras

Contacto

 

A Coruña

Facultade de informática - UDC Camiño do Lagar de Castro, 6, 15008 A Coruña

Directora de la Cátedra

Virginia Mato Abad - [email protected]

 

Ourense

Ourense Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI). Campus de Ourense (Universidad de Vigo) Edificio Politécnico s/n, 32004 Ourense 

Directora de la Cátedra 

Alma Gómez Rodríguez - [email protected]