Na súa aposta por fomentar a igualdade de xénero no ámbito tecnolóxico, a Cátedra ALDABA-WIB celebra o acto de entrega do premio "Vídeos pola Igualdade ". Coincidindo na Semana do Día Internacional das Nenas nas TIC – que se conmemora cada ano o cuarto xoves de abril – o evento terá lugar este mércores, 22 de abril, ás 12:30h no colexio Padre Feijoo-Zorelle, recoñecendo o talento do alumnado de 1º da ESO, responsable da peza audiovisual gañadora.
Baixo o título "Supertech", o vídeo galardoado presenta a unha superheroína que asume a misión de poñer ás mulleres con vocacións STEM “no mapa". A través dunha narrativa próxima e participativa, a obra busca derrubar estereotipos e alentar ás mozas para emprender carreiras tecnolóxicas, poñendo en valor proxectos que contribúen a reducir a brecha de xénero desde as aulas.
Próximas actividades 2026
Tras este recoñecemento, a Cátedra ALDABA-WIB continuará impulsando o seu calendario de actividades anuais para consolidar o vínculo entre sociedade, universidade e empresa:
- ALDABA TIC-Camp: o campamento regresa este verán a Ourense para fomentar o interese pola tecnoloxía desde a infancia, mantendo a reserva do 80% de prazas para nenas.
- I Premios TFG ALDABA-WIB: galardóns orientados a recoñecer traballos universitarios que acheguen solucións para reducir a brecha de xénero.
- Actualización do Barómetro BBG-TIC: renovación desta ferramenta dixital cos datos do curso 2025/2026 para analizar a evolución da presenza feminina nos estudos TIC.
- VisibilizaTIC e Charlas Divulgativas: continuidade dos programas de orientación en Bacharelato e os ciclos de aplicación práctica das TIC na contorna empresarial.
- Programa de bolsas: ALDABA segue impulsando o talento novo mediante a colaboración directa do estudantado en proxectos reais da compañía.
.
Sobre a Cátedra ALDABA-WIB
Foi creada en 2019 e promove a colaboración entre universidade e empresa para avanzar cara a un sector tecnolóxico máis igualitario e humano. As súas liñas de actuación inclúen o impulso do talento feminino nas TIC e o apoio a estudantes para facilitar a súa inserción laboral.
A Cátedra e as súas iniciativas.
Para máis información contactar con [email protected].