GL | ES | EN
22/06/2023

A directora da cátedra ALDABA WIB participa no acto de clausura do programa Inspira STEAM Coruña 2023

Imagen de noticia

 

A directora da Cátedra pola UDC, Virginia Mato, participou o pasado 21 de xuño no acto de clausura do programa Inspira STEAM Coruña 2023 celebrado no CITIC. O programa educativo Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora Verónica Bolón, ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas.

O acto de clausura contou cas intervencións de María José Lombardía, Vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade da UDC, Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Luis Hervella, director da Cátedra NTT Data, Manuel G. Penedo, director do CITIC e Verónica Bolón, coordinadora desta iniciativa. Tamén se celebrou a mesa redonda "Fenda de Xénero nos estudos STEAM" na que participaron, Virginia Mato, directora da Cátedra ALDABA WIB pola UDC, presentando os resultados do proxecto BBG-TIC, Teresa Piñeiro, directora del Centro de Estudios de Género y Feministas de la UDC y María Carnero, presidenta de AMIT Galicia. 

Amplía información