GL | ES | EN

Actividades

De apoio económico e patrocinios

I Premios ao Mellor TFG

Interésache desenvolver un TFG que promova a participación das mulleres na tecnoloxía? A Cátedra Interuniversitaria ALDABA-WIB, xunto ás universidades da Coruña (UDC) e Vigo (UVigo), lanza os seus premios ao mellor TFG en TIC con enfoque de xénero. Non perdas a oportunidade de dar visibilidade ao teu proxecto!

imaxe

Outros galardóns

Dende a súa fundación, a Cátedra colabora no patrocinio dos premios do Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC da UDC e destinado a persoal investigador junior (predoctoral e posdoctoral) que presenta comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito das TIC. A Cátedra tamén patrocina un dos Premios aos Mellores TFG Aplicados da FIC da UDC, que recoñecen aqueles TFG cuxos achados sexan máis aplicables e relevantes para a sociedade.

Patrocinio de congresos e outras actividades

A Cátedra participa e colabora en iniciativas de diferentes entidades, como o “eXXperimienta en feminino” no Campus de Ourense, ou a edición especial de “INTERLABS no CITEC”, con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia no Campus da Coruña.

imaxe

Actividades

Divulgativas

 

Videos

A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business traballa para romper os estereotipos de xénero e conseguir que as mozas decidan que estudar cunha información completa e realista sobre a profesión de Enxeñería Informática. No vídeo, gravado en 2021, mulleres con éxito no ámbito das TIC relatan a súa experiencia, desmontando os prexuízos que rodean ás carreiras STEAM.

Con motivo da celebración do Día Internacional dá Muller e a Meniña na Ciencia, o 11 de febreiro de 2021 a Cátedra publicou este vídeo, onde a profesora da Escola Superior de Enxeñería de Ourense - e codirectora da Cátedra - Alma Gómez Rodríguez anima ás mozas para estudar informática.

 

 

Proxecto BBG-TIC

O Barómetro da Brecha de Xénero nos estudos TIC (BBG-TIC), desenvolto pola Cátedra ALDABA-WIB, ten como obxectivo facilitar a análise e seguimento exhaustivo da evolución temporal da presenza das mulleres nas titulacións da área TIC das universidades da Coruña e Vigo, con información permanentemente actualizada e múltiples criterios de clasificación e filtrado.

imaxe
imaxe

Charlas VisibilizaTIC

Conscientes de que a etapa de bacharelato é crucial para o desenvolvemento vocacional, a Cátedra organiza charlas de orientación en colexios de Ourense, A Coruña e arredores. Estas están enfocadas aos cursos de 1º e 2º de bacharelato, especialmente da modalidade “Ciencias e Tecnoloxía”, co obxectivo de impulsar a vocación en tecnoloxías e informática entre o alumnado, sobre todo feminino.

Píldoras Informativas

Outro dos piares que se consideran básicos desde a Cátedra é a sensibilización en materia de Igualdade de Xénero. Por iso, lanzamos pequenas “pílulas” informativas sobre temas, relacionados coa igualdade, que poidan ser interesantes, poñendo o foco en que o obxectivo non é expresar opinións ou percepcións, senón chamar á reflexión e xerar conversación.

imaxe
imaxe
imaxe

Actividades

Formativas

imaxe

ALDABA TIC-CAMP

A Cátedra organiza o campamento de verán ALDABA-TIC Camp desde 2023 nos campus de Ourense e A Coruña, destinado a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Nel desenvólvense actividades como adestrar drons, programar aplicacións e robots, traballar con ferramentas 3D…Esta actividade está enfocada a fomentar as vocacións TIC e contribuír á igualdade de xénero neste campo, para o que se reserva un 80% das prazas para nenas.

Ciclo de charlas:

Aplicación Práctica das TIC na Empresa

Este ciclo ten como obxectivo achegar información ao corpo estudantil universitario, desde un punto de vista práctico e actual, sobre as necesidades e posibilidades de uso das TIC no ámbito empresarial. As charlas fomentan a adquisición das competencias, coñecementos e habilidades que demanda a día de hoxe o tecido empresarial, facilitando, así, a integración no mundo laboral.

imaxe